Despois de dous anos de parón pola pandemia, recuperamos a actividade máis multitudinaria que organiza a Asociación, trátase da V ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO.
Nesta ocasión foron máis de 1.500 persoas participantes, entre alumnado de centros de Monforte, Chantada, O Saviñao, Bóveda, Sober, Pobra de Brollón; mestres e voluntarios da Asociación. Un tremendo éxito de participación que ademais contou cunha xornada de sol espectacular no percorrido realizado dende Cereixa, Reigada e polas rúas de Monforte.
Non podemos deixar de agradecer a colaboración desinteresada do GADISA, ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA, POLICÍA LOCAL DE MONFORTE e ONDA CERO que fixo un programa especial dende o "Cuadrado" do Parque dos Condes, onde se fixo o fin de andaina e se xuntaron todos os participantes e por suposto aos máis de 30 voluntarios da Asociación que fixeron que a xornada fora unha gran festa de promoción do Camiño de Inverno.