Hoxe recibimos a visita do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, que veu á nosa localidade para comprobar de primeira man as melloras executadas no Camiño, no tramo de entrada ao barrio de Rioseco. Melloras que se levaron a cabo no marco do plan de acondicionamento de tramos que necesitaban unha rehabilitación e sinalización integral.
Nesta visita estivo acompañado por membros da nosa Asociación e tamén da Asociación do Camiño Primitivo de Lugo, que lle explicaron polo miúdo a gran diferencia que hai neste tramo, que anteriormente estaba practicamente impracticable no inverno e agora resulta un tramo perfecto para os camiñantes que se achegan a Monforte. Durante a visita o delegado tamén tomou boa nota dalgunhas mínimas melloras que aínda se poden facer.
Tamén aproveitou para facer fincapé en que está previsto que neste ano entre en funcionamento o primeiro albergue público de peregrinos desta zona, concretamente na antiga residencia bispal de Diomondi, en O Saviñao.
Aquí poden acceder ao ENLACE da noticia que, sobre esta visita, publica a Xunta de Galicia.