A asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, entidade promotora dos Camiños a Santiago, fundamentalmente, do Camiño de Inverno a Santiago, en xunta extraordinaria celebrada o día 25 de outubro de 2013, acorda apoiar que a Ribeira Sacra sexa declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade.
Esta asociación comparte os razoamentos relatados na exposición de motivos, que acompañan a moción presentada polo grupo provincial socialista e aprobada por unanimidade pola corporación provincial da Deputación de Lugo. Dice que a Ribeira Sacra conta con recursos suficientes para lograr dito distintivo, sinalando que “forma un espazo de primeira categoría, donde a historia, medio ambiente, tradición vitivinícola, patrimonio e bioloxía configuran unha extraordinaria paisaxe, que ten o seu máximo esplendor nos Canóns do Sil”.
Dende esta asociación, costituida hai 14 anos para a recuperación e difusión do Camiño de Inverno, gustaríanos que a relación de motivos expostos na moción, se engada coma un fundamento máis para dita candidatura que:
“Ademáis, dito espazo está vertebrado por unha rota xacobea, o Camiño de Inverno, que no seu percorrido polo Sur de Lugo, segue, en gran parte, o curso do río Sil, pasando por 8 concellos da Ribeira Sacra: Quiroga, Ribas de Sil, Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón e O Saviñao, para subir as terras de Chantada, tras salvar o río Miño pola ponte que cruza o fermoso lugar de Belesar”. Sendo incuestionable, a día de hoxe, a súa contribución a dinamización da Ribeira Sacra.
Aínda que dita rota no está recoñecida oficialmente, no debe ser motivo para non incluila como un elemento máis de potenciación da Ribeira Sacra.
Monforte de Lemos a 25 de Outubro de 2013
Asdo. Aida Menéndez Lorenzo Jesús Ortega Carrasco
Presidenta Secretario