O pasado venres, 24 de xuño, o programa de radio que a periodista monfortina Julia Otero conduce en Onda Cero, “Julia en la Onda”, emitiuse dende Monforte, máis concretamente dende a pinacoteca do Real Colexio de Nosa Señora da Antiga PP.Escolapios.
A continuación emitiuse para Galicia,e dende o mesmo lugar, o programa “Xente Viaxeira de Galicia”. Conducido por Manola Porto, estivo adicado a promocionar as riquezas turísticas que ten a Ribeira Sacra, coa participación da Xerente de “Ribeira Sacra Consorcio de Turismo", da responsable de “Camino Creativo a Santiago”, co representante de “Vía Romana Adegas e Viñedos” e co xerente da “Fundación Nosa Señora da Antiga”.
Como non podía ser doutra maneira estivo tamén representada a nosa Asociación polo tesoreiro e polo secretario. Utilizaron as súas intervencións para promocionar o Camiño de Inverno, falar un pouco sobre a ruta e as potencialidades de futuro que ten.
Outro xeito máis de promocionar a nivel de Galicia esta ruta a Santiago.
Pódese escoitar o programa neste ENLACE