CHARLA EN QUIROGA

O tesoreiro da Asociación, Manuel López, deu unha charla na Casa da Cultura de Quiroga dentro das actividades do "Obradoiro de pedra seca e arte contemporáneo", enmarcado dentro do proxecto do Xacobeo "Unha ruta polos territorios do noso imaxinario", organizado por Acción Cultural Española en colaboración co Concello de Quiroga e Turismo de Galicia.

Nesta charla, Manuel, desglosou unha breve historia do Camiño de Inverno, dende os seus inicios ata o día de hoxe, así como a traxectoria da nosa asociación na recuperación e divulgación deste Camiño; para rematar co vídeo conmemorativo dos 20 anos da Asociación.