Dende a Asociación Camiños a Santiago por a Ribeira Sacra seguimos coas andainas, neste caso etapa Diomondi-Penasillás e moi ben acompañados, por un lado pola concelleira de Chantada Pamela Fernández Águila e por outro por varios membros da Comisaría da Policía Nacional de Monforte de Lemos.
Dende o concello de Chantada quixeron facer visible o apoio deste concello á nosa Asociación e á promoción e divulgación que facemos do Camiño de Inverno ao seu paso por este concello.
Por outro lado dende a Policía Nacional decidiron acompañarnos nesta andaina para visibilizar a colaboración que a Policía presta ao Camiño de Santiago, máis concretamente ao Camiño de Inverno no noso caso. Colaboración dende dous ámbitos, por un lado garantizando a seguridade de todos os peregrinos que por el transitan e por outro facilitando credenciais e o selado destas na comisaría de Monforte de Lemos. Nesta andaina participaron 4 membros da policía, o Xefe do Grupo Policia Xudicial, o Xefe do Grupo Policía Científica, o Responsable de Automoción e Transmisións e o Delegado de Participación Cidadá e Estadística.
Na xornada realizamos o tramo do Camiño de Inverno entre Diomondi e Penasillás, e visitamos a Igrexa de Santiago de Requeixo e Monte Faro, contando coa colaboración da guía Beatriz Pérez Pereira, que deu extensas explicacións sobre todo o visto.
Dende a Asociación queremos agradecer a colaboración de todos os participantes e colaboradores na actividade. Moitas gracias a todos!!
No seguinte enlace pódese escoitar a charla que, sobre esta saída, tivo o noso tesoreiro Manuel López en Onda Cero Monforte: https://www.ondacero.es/.../mas-uno-monforte-lemos...