Na xornada de hoxe varios membros da Asociación, ataviados cos traxes de peregrino medieval, desprazáronse ata Quiroga para colaborar xornada de peche do proxecto que sobre o Camiño de Inverno realizou o CEIP de Quiroga. Foi unha excelente actividade con todos os alumnos do centro, que tivo tamén un momento espectacular coa colaboración do grupo Gin Tonic's que interpretaron o tema "Pasiño a Pasiño" cos alumnos do colexio, tema composto pola mestra Belén Maseda.
Enlace de Youtube de "Pasiño a Pasiño", Gin Tonic's e CEIP de Quiroga
Dende a Asociación queremos aproveitar esta noticia para mostrar o noso enorme agradecemento a todos os centros de diferentes localidades que, neste ano Xacobeo, adicaron parte do seu tempo para traballar sobre o Camiño de Inverno, entre eles os que nos contactaron para algún tipo e colaboración cos seus proxectos, como foron ELOÍSA RIBADULLA DE CHANTADA, ESCOLAPIOS DE MONFORTE, CEIP DE QUIROGA E COLEXIO DE CELANOVA, aínda que seguro que foron moitos máis os que dun xeito ou doutro traballaron sobre a nosa ruta. Para nós é unha extraordinaria noticia que os nenos e nenas das localidades por onde pasa o Camiño investiguen, valoren, percorran e disfruten este percorrido, esta será a mellor maneira de que a nosa ruta medre e se convirta nunha ruta de referencia dos Camiños a Santiago.
Por todo isto reiterar as nosas gracias a todos os mestres e colaboradores que fixeron realidade estes proxectos de estudo do Camiño de Inverno. ¡¡MOITAS GRACIAS!!!